Améndoas

O produto amparado pola indicación xeográfica protexida (IXP) Tarta de Santiago é un doce tradicional galego, cuxos compoñentes básicos son améndoas, azucre e ovo, empregados nas proporcións e segundo as condicións que se definen neste regulamento e no prego de condicións do produto, e segundo as condicións que se definen no Regulamento.

A zona de elaboración das tortas amparadas pola IXP Tarta de Santiago abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características organolépticas:

-Forma: redonda con cuberta de azucre glasé onde figurará a cruz da Orde de Santiago como sinal de identidade propia.
-Aroma: típico a xema e améndoa.
-Cor: cobertura branca en superficie debido á decoración con azucre glasé e cor dourada ao corte.
-Sabor: típico a améndoa.
-Textura: esponxosa e granulada.

Presentacións:
Existen dúas presentacións básicas, torta forrada, é dicir, con base, e torta sen forrar. Á vez, cada unha destas presentacións admitirá distintos formatos en función do tamaño da torta que se vaia realizar.

Ingredientes e cantidades:
Os ingredientes da Tarta de Santiago (torta sen forro ou corpo da torta no caso das forradas) serán os seguintes:

Compoñente Contido
Améndoas de primeira calidade cun contido en graxa superior ao 50%, medido sobre o produto con pel > 33% sobre o peso total da masa
Azucre refinado (sacarosa) > 33% sobre o peso total da masa
Ovo > 25% sobre o peso total da masa
Reladura de limón Quantum satis (segundo arte culinaria)
Quantum satis (segundo arte culinaria) Quantum satis (segundo arte culinaria)
Azucre glasé Quantum satis (segundo arte culinaria)

 

Pazo de Quián s/n - Sergude. 15881 Boqueixón (A Coruña) | 881 997 276 | Aviso legal CSS | XHTML | validados ok diseño y realización