AméndoasNa indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago están inscritos os obradoiros que, estando situados na Comunidade Autónoma de Galicia, reúnen as condicións establecidas no Regulamento para a elaboración de tortas baixo o amparo da denominación.

O Consello Regulador leva o rexistro de obradoiros, que está a disposición do órgano de control.

O órgano de control e certificación para os produtos da indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago é o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), de acordo co disposto no artigo 15.1º c) da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, así como no artigo 66 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.

Os órganos de goberno do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago son o Pleno, a Presidencia, a Vicepresidencia e a Comisión Permanente.

O Pleno do Consello Regulador está constituído por cinco vogais, elixidos entre os titulares dos obradoiros inscritos no rexistro do Consello Regulador.
 

Para máis información >
- Regulamento IXP Tarta de Santiago pdf

Pazo de Quián s/n - Sergude. 15881 Boqueixón (A Coruña) | 881 997 276 | Aviso legal CSS | XHTML | validados ok diseño y realización