Améndoas

O Diario Oficial da Unión Europea publicou o 16 de setembro do ano 2009 a solicitude de protección da “Tarta de Santiago” como indicación xeográfica protexida, segundo o Regulamento (CE) Nº 510/2006 do Consello, sobre a protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos produtos agrícolas e alimenticios, e mediante a publicación do Regulamento (UE) Nº 403/2010, de 10 de maio de 2010, a súa inscrición no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas e de Indicacións Xeográficas Protexidas.

Mediante a publicación da Orde do 10 de febreiro de 2010 da Consellería do Medio Rural, apróbase o Regulamento da indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago e do seu Consello Regulador, se nomea o Consello Regulador provisorio e se dá publicidade ao prego de condicións do produto.

 

Para máis información >

- Regulamento IXP Tarta de Santiago pdf

- Solicitude inscrición rexistro UE IXP Tarta de Santiago pdf

- Regulamento (UE) Nº 403/2010 inscrición IXP Tarta de Santiago pdf

Pazo de Quián s/n - Sergude. 15881 Boqueixón (A Coruña) | 881 997 276 | Aviso legal CSS | XHTML | validados ok diseño y realización